Descanso no SAR: Obradoiro 43 - Breogán 50
Ambiente espectacular no SAR. Con momento emotivo nos prolegómenos, a homenaxe do Obradoiro a Víctor Pérez, o que fora adestrador axudante de Moncho Fernández durante 14 temporadas no SAR. E logo soou o himno galego e o Miudiño e arrancou o partido...
E o partido ofreceu intensidade e un intercambio de canastras no primeiro cuarto. Levouno o Obradoiro por 22 a 20, con seis puntos de Barcello para os santiagueses e oito e Brown para os de Lugo. No segundo, o Breo comezou a impoñer a súa calidade, atacaba fluído e anotaba fácil. Pero o Obra tiraba do seu oficio, do seu saber competir para seguir enganchado. Ata o último minuto. Aí o Breo andivo fino (parcial 0-8) e marchou ao descanso con sete de vantaxe, a máxima diferenza no partido (43-50). Con oito puntos neste cuarto de Andric e seis de Peris.