Tres días de cultura urbana e deportes extremos no Compostela Street
O festival arrancou no Campus Sur con música, batallas de muralistas e batallas de galos
Comeza o Compostela Street lembrando como é unha batalla de galos.
"Eses competidores, eses artistas teñen que sacar todo o seu enxeño para, improvisando, facer música e meterse un pouquiño entre eles", explica Antón Freire dende a coordinación do festival
Aquí o que hai é moita competición, mesmo internacional. Na primeira xornada compiten os galos e hai tamén batalla de muralistas.
"O Campus Sur está cheo de xente nova e de familias que tamén escoitan este tipo de música e gozan con este tipo de actividades"
Actividades que inclúen deportes extremos, 10 disciplinas urbanas, 500 competidores. E a promesa de repetir moito público.
"Creo que o ano pasado estiveron máis de 10.000 persoas polo campus", calcula Antón Freire
Contémplase unha completa coreografía de cultura urbana con arte, skate, baloncesto tres por tres ou breaking, postos de sempre e moi propios destes tempos e, por suposto, toda a música que está por vir.