Publicador de contidos

Publicador de contidos

"Son cinco minutos", os mellores peores aparcamentos

"Son cinco minutos", os mellores peores aparcamentos

Aparcar mal, unha mala práctica habitual recoñecida polos propios condutores: "Por présas"

As de carga e descarga e as paradas de autobús son as prazas máis ocupadas ilegalmente

G24.gal 05/11/2026 14:32

"Un minuto", advirte unha condutora.

Sempre ese minuto, ou cinco. Sempre por un motivo. Cada un co seu.

"Estou mal aparcado por repartimento. Son cinco minutos, que agora vou aquí e marcho". "Trouxen unha señora maior a Abanca e son cinco minutos". "Un segundiño, mentres deixas o neno e o recolles".

"Sempre hai unha desculpa", confirma Santiago Noya, operario da guindastre municipal de Santiago".

Hai quen chama por elas. O condutor dese coche amarelo deixouno aparcado en dobre fila, en sentido contrario, nunha avenida da Coruña de dobre carril, con medianeira. Como chegou ata aí é unha incógnita. Máis alá de esaxeracións coma esta, aparcar mal é unha constante. 

"Apárcase onde hai sitio, na beiravía, onde hai sitio", confesa unha condutora.

"Que saia dun bar co coche mal aparcado, como queda un?", ironiza o operario da guindastre.

Coches no medio dun carril, enriba da beiravía, particulares en carga e descarga, repartidores na parada do bus, na de taxis.

"Intento aparcar máis para diante para que o bus colla pero hoxe había catro coches na parada e era o único oco que había pero agora vas polos carga e descargas de Santiago e tes coches aparcados. Cada un búscase a vida como pode. Xa ves como vou, todas as caixas que levo, así que priorizo a miña rapidez", xustifícase un repartidor.

E uns por outros.

"Eu estaba medio na beiravía e medio na estrada, estaba mal aparcada. Entendo as molestias pero eles pensan en nós? Pensan onde imos aparcar ou se teño que baixar a miña nai ao médico? Teño que ir aparcar a medio quilómetro?, pregúntase molesta unha condutora.

"Deberiamos pensar, pero as présas...", coincide outra.

Pénsase pouco si, ata que chega o guindastre. E, aínda así, hai quen non aprende. 

"A un condutor retiróuselle o coche pola mañá e volveuse retirar pola tarde", lembra Santiago Noya.

Quen as busca, encóntraas.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar

Publicador de contidos