José Manuel Cortizo, o galego que irrompe na lista Forbes dos máis ricos de España
Nun mundo en que as portas e ventás eran aínda de madeira ou de ferro, el apostou polo aluminio
O patrimonio do empresario padronés calcúlase nuns 800 millóns de euros
Fundou a empresa aló por 1972, cando tiña apenas 21 anos e con tan só cinco empregados. Nun mundo en que as portas e ventás eran aínda de madeira ou de ferro, el apostou polo aluminio. En moitos aspectos, o perfil de José Manuel Cortizo lembra o de Amancio Ortega: é un home discreto, feito a si mesmo e pouco amigo dos focos. En 1996 recibiu a Medalla de Prata de Galicia.
54 anos despois da súa fundación, o grupo empresarial non lidera só o mercado español senón que é un xigante a escala internacional. José Manuel Cortizo estréase na lista Forbes no posto 76 dos máis ricos de España. Pero nunca perdeu a súa identidade.
Con 4.000 traballadores e en plena expansión, Cortizo factura hoxe preto de mil millóns ao ano. O patrimonio do empresario padronés calcúlase nuns 800 millóns de euros.