Publicador de contidos

Publicador de contidos

O Resu anuncia as primeiras bandas para o festival de 2027

O Resu anuncia as primeiras bandas para o festival de 2027

A organización tamén informa de que os novos abonos do festival se porán á venda o vindeiro martes 10 de novembro ás 12:00 horas

Web Oficial Web Oficial
G24.gal 05/11/2026 12:15

A organización do Resurrection Fest, un dos festivais de metal e hardcore máis importantes de España, avanzou este xoves unha parte do cartel para a edición de 2027, que se celebrará na localidade lucense de Viveiro —na Mariña— do 30 de xuño ao 3 de xullo, coa presenza de bandas como Evanescence, Mötley Crüe, Lorna Shore e Parkway Drive, entre decenas de grupos xa confirmados a través da súa web oficial.

 

Web Oficial do festival Web Oficial do festival

Os promotores do festival lembran a través dos seus perfís en redes sociais que, "dos catro cabezas de cartel desta edición, tres deles formarán parte da historia do Resurrection por primeira vez".

Por unha banda, precisan, "os estadounidenses Evanescence, liderados pola carismática Amy Lee, símbolo de toda unha xeración". Segundo a organización, "sen dúbida, están no seu mellor momento e virán amosalo ao noso festival".

Tamén se confirma neste adianto a presenza dos "lendarios Mötley Crüe, unha das bandas máis influentes do glam metal", cuxos integrantes "porán patas arriba o main stage para demostrarnos de que está feito o auténtico espírito do Hard Rock made in Hollywood".

"Lorna Shore, unha das grandes bandas de metal do momento que tanto nos pedistes estes anos, dará o seu único concerto na Península en 2027" no escenario do Resu, para liderar o cartel da xornada do mércores. "Promete ser un dos concertos máis bestas que vivimos", afirma a dirección do Resu.

Por último, estarán "os nosos queridísimos Parkway Drive", explica a organización nese comunicado, que "volven á casa e prometen traer unha posta en escena máis incrible ca nunca", tamén "no seu único concerto na Península este ano".

A organización tamén informa de que os novos abonos do festival se porán á venda o vindeiro martes 10 de novembro ás 12:00 horas.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade