Publicador de contidos

Publicador de contidos

Xove prepara 400 quilos de percebe nunha festa que vai pola décimo terceira edición

Xove prepara 400 quilos de percebe nunha festa que vai pola décimo terceira edición

A degustación volve reunir a moitos asistentes que se achegan a probar un crustáceo que recolle a esencia do sabor do mar

G24.gal 18/07/2026 14:55 Última actualización 18/07/2026 15:35

Desde ben cedo están os caldeiros prendidos para que a festa do percebe sexa un éxito. Nesta ocasión, van preparar 400 quilos. Trátase dunha cita gastronómica xa consolidada en Xove. 

O percebe actúa de embaixador, de representante da riqueza deste concello nunha festa que nesta ocasión alcanza a décimo terceira edición. Asegura o alcalde de Xove, Demetrio Salgueiro, que se trata dun produto "de primeirísima calidade".

Conforme se aproxima a hora da degustación, vanse organizando as ringleiras de público. Sen dúbida, é unha festa con sabor a mar.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade