Publicador de contidos

Publicador de contidos

A tortilla, símbolo de Betanzos, resiste o envite da pizza de polbo feita na localidade

A tortilla, símbolo de Betanzos, resiste o envite da pizza de polbo feita na localidade

Unha pizza de polbo feita en Betanzos, gaña o Campionato de Pizzas Gourmet de España

G24.gal 11/09/2026 21:19 Última actualización 11/09/2026 21:37

A mellor pizza napolitana contemporánea de España está en Betanzos e o seu ingrediente principal é o polbo. Este ano gañou o Campionato de Pizzas Gourmet.

"O xurado principalmente valorou a combinación de sabores que é o polbo xunto co kimchi, o marinado das gambas e os grelos fan unha pasta especial na boca que perdura moito tempo, e logo a masa", explica o cociñeiro e creador da receita Antón Belmonte, da Adega do Pino.

Tras o seu éxito, a pizza fíxose popular nas redes. E hai quen se pregunta se podería chegar a desbancar dalgún xeito a afamada tortilla de Betanzos.

"Eu dubídoo porque a tortilla de Betanzos é o máis característico de por si de Betanzos". "Non, non, o protagonismo da tortilla de Betanzos xamais". "Betanzos é coñecida pola tortilla e hon hai ninguén que lle mellores". "A tortilla de Betanzos é unha institución, non creo que perda nunca protagonismo". "A tortilla é a tortilla, pero a pizza está moi boa a verdade que si".

E por que ter que elixir? betanceiro de adopción, o cociñeiro Antón Belmonte xa está a argallar unha nova creación que combina os dous pratos.

"Xa está moi adiantada a receita de unha pizza de tortilla que igual non é unha pizza ou si, ou parecido", di. Iso si, será, como non pode ser doutro xeito, de tortilla betanceira.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar

Publicador de contidos