Publicador de contidos

Publicador de contidos

Prealerta pola seca no Miño: pódese atravesar camiñando nalgúns treitos ao seu paso por Lugo

Prealerta pola seca no Miño: pódese atravesar camiñando nalgúns treitos ao seu paso por Lugo

Outro tanto está pasando en Portomarín pola baixa do encoro de Belesar

Imaxe do río Miño en Lugo (TVG) Imaxe do río Miño en Lugo (TVG)
G24.gal 11/09/2026 19:47

A estas alturas, a seca está a deixar paisaxes cando menos inquietantes ao estarmos xa en setembro. Por exemplo, a do río Miño ao seu paso por Lugo. Apenas baixa cunha cuarta de auga. A última chuvia non serviu para aliviar esta seca pertinaz e pódese atravesar o río camiñando en diversos puntos.

Outro tanto está pasando en Portomarín pola baixa do encoro de Belesar. Aló as chuvias tampouco chegaron a nada e a escasa auga deixa entrever as ruínas da antiga aldea.

O nivel de reserva de auga deste encoro está ao 34 por cento. A seca contumaz ten en alerta 32 concellos galegos con outros 59 en prealerta, igual que esta demarcación Miño-Sil.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar

Publicador de contidos