Publicador de contidos

Publicador de contidos

Investigan a posible vinculación co narcotráfico da lancha rápida varada en Camiña

Investigan a posible vinculación co narcotráfico da lancha rápida varada en Camiña

A policía portuguesa  "era coñecedora da posibilidade dun desembarco de droga" e avistou a lancha tratando de entrar no Miño ata que foi lanzada deliberadamente cara a praia de Moledo

Os axentes detiveron un home cando fuxía da embarcación na que non había droga

Imaxe cedida por Jornal de Notícias Imaxe cedida por Jornal de Notícias
G24.gal 11/09/2026 18:33 Última actualización 11/09/2026 19:25

A policía portuguesa, en colaboración coa Garda Civil española, incautou unha embarcación de alta velocidade na praia de Moledo, en Camiña, e detivo a un cidadán estranxeiro sospeitoso de estar implicado nunha operación de tráfico de estupefacientes que tería como escenario a costa do norte de Portugal ou Galicia.

Nun comunicado divulgado este venres, a Policía de Portugal detallou que era coñecedora da posibilidade de que se producise un desembarque de droga, mediante embarcacións de alta velocidade, na zona costeira portuguesa ou galega, ao norte de Viana de Castelo.

Neste contexto, á primeira hora da tarde deste xoves, avistouse unha embarcación de alta velocidade que, tras varios intentos errados de entrar no río Miño, acabou cambiando o rumbo cara ao sur e, pouco despois, foi lanzada deliberadamente contra a area da praia de Moledo, no municipio de Camiña, onde varou e foi abandonada de inmediato. No interior da embarcación non había droga.

"Tras iniciar inmediatamente a persecución do único tripulante ao que se viu abandonar a embarcación, este foi interceptado, e comprobouse que se trataba dun cidadán estranxeiro que fuxía do lugar para eludir a intervención da policía", agregou o corpo policial.

O detido é sospeitoso de estar implicado en actividades de tráfico de estupefacientes. A lancha está equipada con catro motores de gran potencia.

Dáse a circunstancia que hai un mes, tamén en Camiña, un tráiler quedou parcialmente somerxido no Miño cunha lancha rápida no seu interior do mesmo tipo das que se empregan para o narcotráfico.

 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade