Cargando resultados...
Os EUA afunden unha embarcación no Caribe con catro tripulantes a bordo
O Exército estadounidense asegura que, segundo informacións de intelixencia, se trata de narcoterroristas
Ataque a unha embarcación no Caribe
G24.gal
20/09/2026 05:55
Última actualización 20/09/2026 08:08
Os Estados Unidos afunden unha suposta narcolancha en augas do Caribe e matan catro persoas.
O Comando Sur afirma que, segundo informacións de intelixencia, a lancha rápida operaba en rutas do narcotráfico e que os tripulantes eran narcoterroristas.
Nunha operación similar, o pasado 10 de setembro, o exército estadounidense atacou outra suposta narcoembarcación no Atlántico provocándolle a morte a tres persoas.