Publicador de contidos

Publicador de contidos

Asisa e Adeslas deixarán de ofrecer cobertura sanitaria aos militares

Asisa e Adeslas deixarán de ofrecer cobertura sanitaria aos militares

As aseguradoras que prestaban o servizo da mutualidade Isfas non se presentarán polas condicións económicas do concerto que consideran insuficientes

En Galicia son numerosas as unidades militares afectadas, entre elas a Brilat ou a Escola Naval de Marín

G24.gal 27/10/2026 21:12 Última actualización 27/10/2026 21:38

Asisa e Adeslas deixarán de ofrecer cobertura sanitaria aos militares. As mutualidades decidiron non concorrer ao concerto ao ver insuficientes e deficitarias as condicións económicas e asistenciais propostas polo Goberno. Esta decisión afecta a numerosas unidades en Galicia como son a Brilat ou os militares da Escola Naval de Marín.

"Asisa analizou con detalle os pregos para adherirse aos concertos das mutualidades administrativas en 2027 e decidiu, no caso de Isfas, que as condicións ofrecidas son "insuficientes". "A falta dun financiamento adecuado, que ademais segue sendo moi inferior ao financiamento per cápita do sistema público, xunto a unhas coberturas máis esixentes nalgúns aspectos que as que presta o propio Sistema Nacional de Saúde (SNS), fan imposible para Asisa manter a adhesión ao concerto sen poñer en serio risco a sustentabilidade económica do modelo", explicou Asisa nun comunicado.

  Debido a isto, Asisa instou ao Goberno a reformular as condicións da licitación no caso de Isfas e explorar novas solucións e alternativas para manter o modelo de mutualismo administrativo.

Nesta mesma liña expresouse SegurCaixa Adeslas, que no caso de Isfas, as proxeccións realizadas sobre a carteira de Adeslas "mostran que o financiamento previsto para 2027 non alcanza o equilibrio necesario para asumir o novo concerto". 

As aseguradoras si que se presentarán ao concerto para prestar asistencia sanitaria á mutualidade de xuíces e fiscais (Mugeju).

Este ano vencía o actual convenio de ambas as mutualidades, que tiña unha extensión de dous anos. O Goberno propuxo un novo convenio dun ano de duración, cun orzamento para Mugeju de 88,75 millóns, así como outros 609,4 millóns para Isfas.   

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade