Publicador de contidos

Publicador de contidos

O interior da provincia de Pontevedra, en alerta amarela por calor este sábado

O interior da provincia de Pontevedra, en alerta amarela por calor este sábado

Os concellos afectados son Agolada, O Campo Lameiro, A Caniza, Cerdedo Cotobade, Covelo, Cuntis, Dozón, A Estrada, Forcarei, Fornelos de Montes, Lalín, A Lama, Moraña, Rodeiro, Silleda e Vila de Cruces

A Caniza, un dos concellos afectados pola alerta. Europa Press A Caniza, un dos concellos afectados pola alerta. Europa Press
G24.gal 11/09/2026 19:59 Última actualización 11/09/2026 20:09

A Xunta activou para este sábado a alerta amarela por calor no interior da provincia de Pontevedra. Os concellos afectados son Agolada, O Campo Lameiro, A Caniza, Cerdedo Cotobade, Covelo, Cuntis, Dozón, A Estrada, Forcarei, Fornelos de Montes, Lalín, A Lama, Moraña, Rodeiro, Silleda e Vila de Cruces.

Este sábado a comunidade galega, segundo as previsións de Meteogalicia, seguirá baixo a influencia das altas presións, coa entrada dunha masa de aire cálido desde o sur peninsular. 

A Consellería de Sanidade lembra os principais consellos e recomendacións que debe seguir a poboación: beber máis líquidos sen esperar a ter sede, comer menos cantidade e máis veces ao día, manter os alimentos no frigorífico e vixiar sempre as medidas hixiénicas.

Así mesmo, recomendan usar roupa de tecidos naturais, lixeira e folgada, lentes de sol e cremas protectoras solares.. Igualmente, aconséllase permanecer en espazos ventilados ou acondicionados e estar á sombra.

 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar