Publicador de contidos

Publicador de contidos

A Mariña esquiva a alerta pola calor

A Mariña esquiva a alerta pola calor

Este venres teñen dez graos menos que na cidade de Lugo

G24.gal 04/09/2026 13:57

Estamos xa en setembro, e moitos están xa algo cansos da calor. É por iso que moitos seguen buscando os lugares máis frescos e A Mariña lucense é hoxe un bo exemplo. Os termómetros marcan 10 graos menos que na capital da provincia. A xente, encantada, mesmo se puideron ver xa as primeiras chaquetas.

"Un día así de vez en cando non nos ven mal. Estamos xenial, estupendo, imos ir camiñando pola costa. Se sae un pouco o sol, imos cara a sombra e perfecto", comentan os veciños.

Aquí coñecen moi ben o nordés e a súa baixada de temperaturas. Algún mesmo volveu á casa buscando ese fresquiño.

"Eu son de aquí pero estiven sempre fora. Os galegos temos morriña", comenta outro veciño que volveu á Mariña.

Morriña polo fresco que non comparten os que veñen de fóra, pensando que estabamos a 40 graos .

"Sorprendeunos, tiñamos pensado ir a praia e estamos aquí comento un croissant nun banco", afirma un turista.

Un cambio de plans para poder seguir gozando dunha xornada fresca na Mariña antes de que mañá volvan subir as temperaturas.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade