Publicador de contidos

Publicador de contidos

Aguiño celebra a Festa da Navalla: 600 quilos a 14 euros a ración

Aguiño celebra a Festa da Navalla: 600 quilos a 14 euros a ración

A Festa da Navalla chega á sua décima edición

Preparan unhas 1200 racións á grella

G24.gal 09/08/2026 14:49

Toda esta xente fai ringleira no porto de Aguiño para mercar as súas racións de navallas.

"Moi boas, boísimas, recoméndolle a todo o mundo que as veña probar"

" A min encántame, e cun pouquiño viño branco non hai nada mellor"

"As navallas de aquí aínda non as probei. Probareinas agora"


Apañáronas o venres na praia da Catía, un banco marisqueiro que, segundo din aquí, dá unhas navallas especialmente boas.

"Son boísimas. Aquí hai varias zonas de traballo: castro Catía, Sálvora...pero agora mesmo vén toda a navalla de castro Catía", explica  Julio Abraldes, presidente da Comisión de Festas.

Aínda que produto xa ten calidade de seu, o prebe co que se prepara tamén ten a súa importancia.

"O segredo de todo non cho vou dar. Esto leva aceite bo,  de oliva, viño albariño, allo, pirixel, e leva outros condimentos máis", di unha cociñeira da festa.

Unha vez na grella, non precisan de moita preparación.

"Sobre cinco minutos máis ou menos. É botalas ao lume e, en canto abran, sacalas xa", di un cociñeiro.

Hoxe vanse degustar en Aguiño arredor de 600 quilos de navallas a 14 euros a ración.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade