Cargando resultados...
Ribadeo enxalza o seu percebe coa tradicional degustación na vila de Rinlo
A organización conta con preparar uns 800 quilos deste marisco
Pódese degustar no peirao e nalgúns establecementos da localidade
G24.gal
01/08/2026 14:52
Última actualización 01/08/2026 17:51
Na vila rinlega o percebe ten hoxe todo o protagonismo. A media mañá xa había ringleiras de xente agardando para degustar o percebe de Rinlo. Ademais de ser un produto de calidade, o percebe é doado de cociñar.
A piques de cumprir o primeiro cuarto de século, esta festa gastronómica naceu para pór en valor o traballo da agrupación de percebeiros e percebeiras de Ribadeo.
En total, a organización conta con preparar uns 800 quilos. Ademais da degustación no peirao, tamén se poden tomar nos bares da vila.