Publicador de contidos

Publicador de contidos

Ribadavia acolle unha nova Festa da Istoria, pioneira das feiras medievais

Ribadavia acolle unha nova Festa da Istoria, pioneira das feiras medievais

O gran desfile da Istoria e o baile medieval trasformaron Ribadavia para devolvela ao seu pasado

G24.gal 29/08/2026 21:01

Cando ninguén celebraba unha feira medieval, en Ribadavia tiveron a idea de facer a primeira no ano 1989. 

Trinta e sete anos despois, hai algo que segue distinguindo esta feira.

"O máis característico que lle chama a atención á xente é a cantidade de xente que está vestida de época, que ao mellor noutras festas medievais non encontran", explica Marcos Meiriño, voluntario da Festa da Istoria.

O baile medieval na Praza Maior é unha boa mostra de como se transforma Ribadavia. A  festa ten detrás a implicación de toda a vila e mesmo toda unha maneira de entender a historia.

"Non podemos abandonar as cousas dos nosos antepasados, porque para que o mundo funcione non podemos esquecer o de atrás. O bonito da festa é a participación dos cidadáns, porque -para que as cousas funcionen- todos nos temos que implicar", di unha veciña de Ribadavia.

"Todos os anos eu veño desde pequena cos meus pais", di outra veciña.

A festa da Istoria ten a súa propia moeda. Serve para mercar nos postos, pero tamén para sufragar as actividades.

"É unha maneira que a coordinadora ten para financiar o custo da festa.  Dez euros serían ao troco nove marabedís. E logo o pagamento nos comercios é como se fose en euros", explica Marcos Meiriño.

Con eses marabedís poderase mercar mañá no mercado de artesáns, que estará aberto desde o mediodía ata as 9 da noite.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade