A Feira Internacional de Conxemar encherá os hoteis, hostais e restaurantes de Vigo
Entre o 6 e o 8 de outubre no IFEVI haberá máis de oitocentos expositores de 46 países e iso deixarase notar na cidade
A aportación directa da Feira, segundo o informe sectorial da Asociación Conxemar é de 53,4 millóns de euros
Para a semana arrinca Conxemar en Vigo, un punto de encontro para os profesionais do sector dos produtos do mar conxelados. O evento atrae á cidade máis de vintemil visitantes. E xa non hai cuartos dispoñibles para eses días.
Entre o 6 e o 8 de outubre, entre un martes e un xoves, no IFEVI haberá máis de oitocentos expositores de 46 países e iso deixarase notar na cidade.
A aportación directa da Feira, segundo o informe sectorial da Asociación Conxemar é de 53,4 millóns de euros na economía de Vigo. A ocupación hosteleira, en hostais e hoteis de máis ou menos estrelas, é sobre as reservas feitas hai xa moito tempo do 90%. Non só na cidade senón en concellos veciños. De novo para a vixésimo sétima edición reservas feitas ata cun ano de antelación e suba das tarifas.
A dez días de empezar a vixésimo sétima edición da Feira Internacional de Conxemar citámonos con Beatriz Carballido que ademáis de ser a xerente da federacionde turismo de Pontevedra, FREPROTUR, rexenta en Peinador o hotel Avión.
A ocupación hoteleira desos tres días do evento, 6, 7 e 8 de outubro está xa no 90%. No seu hotel, a cincocentos metros do IFEVI, as reservas son dun ano para outro.
"Os días centrais da feira xa non hai habitacións dispoñibles. Porque é unha feira que ten unha ocupación moi importante, dun 90%. E logo todo o que ten que ver coa cadea de valor, porque non só vendemos os hoteis, están os supermercados, as carnicerías, o peixe, as actividades que se preparan para os que acoden á feira, para os pequenos congresos que ocorren en torno a iso. Xenera moita diversificación. É enriquecedor.", explica a TVG Beatriz Carballido, a xerente da Federación de Turismo e Hostalaría de Pontevedra.
"Pero esta xente que ven traballar logo cea en restaurantes, alóxase en establecementos. E esto trae moita riqueza á nosa zona. Xenera moitos postos de traballo e moitos beneficios para o sector. A data é xusto despois do verán e a feira permite alongar e manter contratacións dentro del. Imos ter moi boas datas de ocupación co cartel de completos ata en 30 quilómetros arredor", engade César Ballesteros. Presidente da Federación de Turismo e Hostalaría de Pontevedra.
A feira de Conxemar xenera ademáis novas visitas noutras épocas do ano. Segundo nos contan desde os hoteis son moitos os profesionais do sector dos conxelados que regresan a Vigo coa familia no verán ou para as luces de Nadal.