Publicador de contidos

Publicador de contidos

A empresa italiana expulsada de Conxemar promove agora berberechos con imaxes dun home espido

A empresa italiana expulsada de Conxemar promove agora berberechos con imaxes dun home espido

La Selvaggia foi botada do certame porque utilizaba fotografías de mulleres espidas e frases provocadoras para publicitar as súas ameixas  

 

Imaxe da campaña en redes de La Selvaggia
G24.gal 16/10/2026 16:22

A conserveira italiana La Selvaggia estivo no centro de polémica na última edición de Conxemar, a feira do conxelado que se celebra anualmente en Vigo.

A dirección do certame acordou a súa expulsión por facer unha campaña sexista, promovendo ameixas con fotos de mulleres espidas.

Agora, anuncian berberechos pero neste caso cun home espido.

La Selvaggia animou os consumidores a que fosen coñocelos en Conxemar con fotos de mulleres espidas e frases provocadoras. A estratexia debeulles dar resultado, porque agora insisten.

Aínda que cambian de produto e de xénero. Na última campaña nas redes sociais promoven berberechos cunha imaxe dun home espido.

Aseguran cumprir co prometido, un calendario salvaxe. Poñémoslles cara, din, e tamén todo o demais.

Conxemar expulsou a conserveira por "non cumprir os principios de igualdade" da organización 

En Conxemar, a organización decidiu expulsar da feira esta compañía. Porque a súa campaña non era compatible cos principios de igualdade, dignidade e respecto que defende a organización.

A compañía italiana lamentou o sucedido e que a súa campaña, realizada polo equipo de márketing composto integramente por mulleres, tiña unha intención provocadora e irónica.

Agora din: aquí está o calendario salvaxe, inclusivo, de ambos sexos, porque a beleza tamén está na diversidade.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade