O Banco de Alimentos recupera os excedentes de peixe e marisco de Conxemar
Recolleron máis de 4.000 quilos de alimentos
É o terceiro ano que fan esta mobilización solidaria evitando, ademais, o desperdicio de alimentos
Ás poucas horas de pechar Conxemar chega a Marea Azul, uns 50 voluntarios do Banco de Alimentos de Vigo. Van con carros da compra por todos os expositores recollendo produtos do mar de primeira calidade, como cigalas, ameixas ou polbo. Meten todo no camión frigorífico e repartirano entre as 22.000 persoas ás que atenden na provincia de Pontevedra.
Este ano foi outro Conxemar de récord. De visitantes e tamén nisto. Recolleron máis de 4.000 quilos de alimentos. Unha cifra grande que se fai pequena se miramos as necesidades diarias do seu servizo.
É o terceiro ano que fan esta mobilización solidaria evitando, ademais, o desperdicio de alimentos.