Os Bancos de Alimentos celebran a "Gran Recollida" esta fin de semana
En Galicia, son moitas as persoas que aproveitan cando van facer a compra para colaborar nesta recollida
Uns 11.000 supermercados de España recuperan este ano a alegría, a dedicación e o agradecemento dos voluntarios que participan na Gran Recollida organizada polos bancos de alimentos co obxectivo de reunir 10 millóns de quilos para un millón de persoas necesitadas.
En Galicia, son moitas as persoas que aproveitan cando van facer a compra para engadir produtos como conservas, cereais, cacao, aceite, galletas e leite; os alimentos máis demandados nesta recollida.
"O noso obxectivo é chegar a superra a cifra do ano pasado que foron 325.000 quilos, e con estes alimentos ter para repartir os próximos 90 días aproximadamente as 22.000 persoas que atendemos na provincia de Pontevedra a través de 160 ONXs que temos acreditadas", comenta o presidente do Banco de Alimentos de Pontevedra, Xosé Ramón Santamaría.