Publicador de contidos

Publicador de contidos

Pechada unha canle de Tiktok que captaba contas para mover diñeiro do cibercrime

Pechada unha canle de Tiktok que captaba contas para mover diñeiro do cibercrime

A investigación permitiu recuperar 38.000 euros e poñer fin a esta canle utilizada nesta rede social, nun caso no que hai polo menos 162 vítimas afectadas

Imaxe cedida pola Garda Civil Imaxe cedida pola Garda Civil
G24.gal 14/11/2026 09:48

A Garda Civil pechou unha canle de TikTok que buscaba captar vítimas como "mulas económicas" para que creasen contas bancarias, a cambio do que supostamente ofrecían ata 100 euros, co fin de recibir, transferir e ocultar diñeiro procedente de estafas e outros ciberdelitos.

Foron detenidas dúas persoas, entre elas o administrador do perfil e outra investigada, en Granada e Almería, segundo informou este sábado o Instituto Armado.

Esta investigación, co nome "Black-Account", permitiu recuperar 38.000 euros e poñer fin a esta canle utilizada nesta rede social, nun caso no que hai polo menos 162 vítimas afectadas.

A operación comezou hai un ano tras a denuncia en Granada dun dos damnificados.

Desde entón, gardas civís do Equipo de Investigación Tecnolóxica EDITE analizaron gran cantidade de información de carácter financeiro e tecnolóxico para seguir o percorrido dos fondos e destapar este sistema de captación de contas bancarias.

O anzol

O método empregado é sinxelo. Persoas dedicadas a actividades delictivas a través de internet ofrecen diñeiro a cambio de que outras abran contas bancarias ao seu nome e ceden o seu control, facilitando posteriormente claves e códigos de verificación para operar con elas.

Aínda que estas continúan figurando a nome dos seus titulares, son outras persoas quen as utilizan para recibir, transferir e mover o diñeiro procedente de estafas e outros ciberdelitos, co obxectivo de dificultar o seguimento e a identificación dos seus verdadeiros responsables. Basta un teléfono móbil e o alcance das redes sociais para reclutar novos colaboradores.

O que fai especialmente perigoso este sistema non é unha soa conta, senón a súa capacidade para multiplicarse, destacou a Garda Civil.

Un só vídeo chega a miles de usuarios en moi pouco tempo e capta numerosas persoas dispuestas a abrir máis dunha conta a cambio da compensación económica que se ofrece.

Unha conta por 100 euros

Neste caso, un dos detidos creara un perfil en TikTok onde subía vídeos ofrecendo 100 euros a cambio da creación de contas bancarias. Baixo a promesa de obter diñeiro doado e sen riscos, facilitaba nos comentarios dos seus vídeos un número de teléfono de contacto para aquelas persoas interesadas.

O captado abría a conta ao seu nome, superaba a verificación por vídeo co seu rostro e o seu documento nacional de identidade (DNI) e, despois, entregaba os códigos de seguridade que lle chegaban por SMS. Con esta información, o control efectivo da conta pasaba a mans do estafador. O titular continuaba sendo o captado, pero quen movía o diñeiro non.

Durante as pescudas, a Garda Civil comprobou como un dos titulares bancarios investigados chegou a acumular 26 contas en oito entidades distintas. Así mesmo, por unha soa conta dunha entidade financeira dixital chegaron a circular preto de 80.000 euros.

A investigación continúa aberta e non se descartan novas detencións.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade