Publicador de contidos

Publicador de contidos

Milleiros de persoas asisten en Corme á festa do percebe do Roncudo

Milleiros de persoas asisten en Corme á festa do percebe do Roncudo

Unha trintena de percebeiros apañaron os 900 quilos que se van degustar durante a xornada

Nesta festa de interese turístico de Galicia, as racións de 300 gramos van a 30 euros

G24.gal 18/07/2026 14:26 Última actualización 18/07/2026 15:36

Os que se apañan nos cons do Roncudo están entre os percebes máis prezados. Atraídas pola calidade do produto, milleiros de persoas achégaronse hoxe a Corme (Ponteceso) para probalos.

"Eu veño do Porto con cinco amigos máis".

"Viñemos desde Barcelona para comer percebes".

"Pensabamos que era unha festa importante, pero non con tanta xente".

" Eu nos como, cómeos o vello. a min non me gustan".

Un total de 30 percebeiros apañaron esta semana os 900 killos que se van degustar na festa. O mal tempo do inverno favoreceu que o percebe sexa de gran tamaño e de moi boa calidade. 

"Este ano temos un percebe de moita calidade, debido a que fixo moi mal tempo no inverno e non se puideron apañar.  Entón o percebe medrou", explica  Antón Vidal, membro da organización da Festa do Percebe do Roncudo.

Na poxa deste venres na lonxa da Coruña, o percebe do Roncudo alcanzou os 100 euros o quilo.  Aquí, as racións de 300 gramos van a 30 euros. 

"O melloriño do melloriño".

"Os percebes probeinos outras veces, pero nunca nuha festa tan chula coma esta".

En Corme levan xa 34 anos facendo esta festa de exaltación do seu produto máis prezado.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade