Desactivado o operativo de busca dun mergullador na praia de Touro, en Ribeira
O Centro de Coordinación de Salvamento de Fisterra mobilizara o helicóptero Pesca 1 tras recibir un aviso
O mergullador, xunto a outros dous compañeiros, apareceron pouco despois no areal en perfecto estado de saúde
O Servizo de Gardacostas de Galicia recibiu o primeiro aviso de alerta ás 12:57 horas. O Centro de Coordinación de Salvamento de Fisterra solicitaba a mobilización do helicóptero Pesca 1 por un mergullador desaparecido na praia de Touro, no concello de Ribeira.
De xeito inmediato, e en coordinación co 112 e Salvamento Marítimo, o operativo reforzouse coa mobilización da patrulleira IP-701 Mar de Galicia.
Media hora despois, os axentes de Gardacostas confirmaron que o bucio estaba na praia, xunto aos dous compañeiros que formaban o grupo, en perfecto estado de saúde. Entón, o operativo quedou desactivado.