Publicador de contidos

Publicador de contidos

Dispárase a venda de camisetas de España nos días previos á final do Mundial

Dispárase a venda de camisetas de España nos días previos á final do Mundial

A branca da segunda equipación está esgotada nalgunhas canles oficiais

G24.gal 18/07/2026 14:49 Última actualización 18/07/2026 15:02

Bruno busca a camiseta de España nunha tenda especializada porque unha final dun Mundial é unha cita histórica e el quere respectar o código de vestimenta.

"Eu o domingo vou estar na praza de María Pita cuns amigos para animar a Selección e coa camiseta estou máis contento", di o rapaz.

Confórmase coa vermella, a de toda a vida, porque a da segunda equipación leva tempo esgotada neste comercio situado nun centro comercial da Coruña.

"Esteticamente é moi bonita, mércana máis por moda que por vinculación coa Selección", explica Christian García, responsable na tenda Futbol Emotion.

Por moda ou por paixón futbolística, a camiseta branca de España foi todo un fenómeno de vendas neste Mundial. Os principais canais autorizados quedaron sen existencias, pero aínda quedan algunhas unidades nalgunhas grandes superficies comerciais. Son as oficiais e custan arredor de cen euros. 

Segundo os datos dunha plataforma de compravenda de segunda man, as buscas de camisetas do Mundial aumentaron un 195 % nas últimas semanas. A da Arxentina tamén arrasa aquí. Este domingo saberemos cal das dúas incopora ao seu deseño unha nova estrela.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade