Un grupo de encarapuchados asalta un estanco do Carballiño de madrugada
Os ladróns estacionaron dous coches diante do local e actuaron en poucos minutos
O establecemento foi vítima doutros roubos
Uns turistas, hospedados nun hotel no Carballiño próximo ao estanco, foron dos primeiros en percatarse do atraco. O ruído ocasionado polos ladróns espertounos.
"Vivimos un asalto ao pé da cama, practicamente, escoitamos moitos ruídos" "Non eran galegos" "E vimos todo o tabaco, parece que colleron moito tabaco", comenta Mónica.
O grupo de encapuchados chegou ao lugar en dous coches, que estancionaron diante do establecemento. En poucos minutos lograban o seu obxectivo.
"Ás dúas da madrugada , recibimos unha chamada porque estaba soando a alarma e que podían estar roubando. A patrulla estaba moi preto e foi de inmediato e xa tiñan marchado. Sábese que eran sete persoas en dous coches", explica Óscar Miranda, xefe da Policía Local do Carballiño.
O local fou vítima doutros roubos, o último hai menos dun ano.
"Foi no entroido, pero entón meteran o coche e roubaronlles o ordenador, a caixa rexistradora, un montón de tabaco, loteria de todo. Tiveron que cambialo todo", di unha veciña.
A Policía Xudicial da Garda Civil investiga os feitos. Parece que os autores deste asalto express poden pertecer a unha banda organizada.
"Si pola forma de actuar, por algún video que se ten por aí dalgunha testemuña , posiblemente si sexa unha banda organizada". di o xefe da Policía Local.