Publicador de contidos

Publicador de contidos

Hai cemiterios galegos que son museos ao aire libre con obras dun gran valor artístico

Hai cemiterios galegos que son museos ao aire libre con obras dun gran valor artístico

O cemiterio de Cambados é un dos mellores exemplos dunha arquitectura que converte en arte o culto á morte e a memoria polos que xa non están

Este camposanto, de Santa Mariña de Dozo, é un lugar único, onde as sepulturas conviven coas ruínas da antiga igrexa

Foi declarado ben de interese cultural e monumento histórico-artístico nacional en 1943 

G24.gal 01/11/2026 22:00

O patrimonio funerario de Galicia agocha auténticas xoias cun destacado valor artístico e patrimonial. O cemiterio de Cambados é un dos mellores exemplos dunha arquitectura que converte en arte o culto á morte e a memoria polos que xa non están.

Entre tumbas, lápidas, panteóns, mausoleos e esculturas funerarias, os cemiterios galegos agochan un importante patrimonio histórico-artístico.  

Moitos cemiterios, coma este de Santa Mariña de Dozo, en Cambados, son espazos onde a relación da identidade galega coa morte convértese en arte e cultura.

"Esta Igrexa incita moito á reflexión do paso do tempo. Foi construída por un personaxe importante da época que foi Diego de Acevedo. Este para Álvaro Cunqueiro era cemiterio máis melancólico do mundo", di Sindo Mosterio, historiador e restaurador.

Este cemiterio é un lugar único, onde as sepulturas conviven coas ruínas da antiga igrexa.

Arcos ao ceo aberto, muros centenarios e pedra que resiste o paso do tempo. Unha estampa que converte este espazo nun dos conxuntos funerarios máis singulares de Galicia. Aquí entre outros descansan o fillo e a muller de Valle-Inclán. 

 "Aquí tamén están por exemplo os marqueses de Montesacro, xente de familias acomodadas", destaca Sindo Mosteiro.

É un valor artístico que se estende por todo o territorio galego. Os cemiterios son tamén espellos da nosa historia, da nosa arquitectura e da evolución estilística de cada época.

Reflíctense marcadas diferenzas sociais con tumbas máis sinxelas e outros con luxosos monumentos funerarios.

"Hai moitos en Galicia que teñen verdadeiras obras de arte, penos nas obras que fai Asorey por exemplo para o cemiterio de Pereiró, en Vigo", engade.

Os cemiterios son moito máis ca lugares de lembranza dos seres queridos. Son lugares onde a pedra conta a historia e onde a morte tamén deixa espazo para a beleza artística.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade