Publicador de contidos

Publicador de contidos

Morre a princesa Astrid de Noruega, dous días despois do funeral de seu irmán o rei Harald

Morre a princesa Astrid de Noruega, dous días despois do funeral de seu irmán o rei Harald

A princesa tiña 94 anos e era a única dos irmáns que quedaba viva

A princesa no enterro de Harald celebrado o mércores 9 de setembro. Reuters A princesa no enterro de Harald celebrado o mércores 9 de setembro. Reuters
G24.gal 11/09/2026 15:20

A princesa Astrid de Noruega, irmá do defunto rei Harald V cuxo funeral se celebrou o mércores, faleceu este venres aos 94 anos, segundo informou a Casa Real norueguesa.

O rei Haakon VIII recibiu con gran tristeza a noticia do falecemento da súa tía e decidiu que as bandeiras do Palacio Real sexan arriadas a media hasta este venres, así como o día do funeral, de acordo coa nota.

"O seu falecemento é unha gran perda para todos nós. Botarémola de menos", declarou Haakon, que asumiu o trono ao morrer o seu pai Harald o pasado 28 de agosto aos 89 anos.

O rei lembrou que, con só 22 anos, a princesa Astrid tivo que asumir tras a morte da súa nai, a princesa herdeira Marta, o papel de primeira dama de Noruega, que exerceu durante 14 anos, de 1954 a 1968.

Así, converteuse na "man dereita" primeiro do seu avó, Haakon VII, e despois do seu pai, Olav V, e representou o país en festividades, eventos oficiais e visitas de Estado de todo tipo, explicou a Casa Real.

"No seu traballo, a princesa Astrid sempre estivo particularmente preocupada pola atención e inclusión dos máis vulnerables da sociedade. Era moi leal e sempre desempeñou o seu deber con compromiso, presenza e un espírito contaxioso", destacou o rei Haakon.

Cando o entón príncipe herdeiro Harald casou en 1968, a súa esposa Sonia asumiu o papel de primeira dama, pero a princesa Astrid continuou representando á coroa en todo tipo de actos oficiais, e permaneceu activa neste sentido ata a súa morte.

A princesa Astrid contraeu matrimonio en 1961 co navegante e medallista olímpico Johan Ferner, unha unión á que a Igrexa norueguesa puxo obxeccións no seu momento porque Ferner, que morreu en 2015, era divorciado.

A parella tivo cinco fillos: Cathrine, Benedikte, Alexander, Elisabeth e Carl-Christian Ferner.

A última aparición pública da princesa Astrid foi este mércores, no funeral do seu irmán Harald, que foi sepultado no mausoleo da Casa Real na fortaleza de Akershus tras unha misa na Catedral de Oslo. 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar

Publicador de contidos