Publicador de contidos

Publicador de contidos

Falece en Vigo o pintor ourensán Antón Pulido aos 81 anos

Falece en Vigo o pintor ourensán Antón Pulido aos 81 anos

Pintor, gravador, xestor cultural e mestre da cor, foi o primeiro director do Centro Galego de Arte Contemporánea

G24.gal 11/09/2026 14:16

O pintor, gravador e xestor cultural Antón Pulido faleceu nun hospital de Vigo aos 81 anos.

Nacido en Bóveda de Amoeiro (Ourense) en 1944, trasladouse na súa mocidade a Barcelona para estudar Belas Artes, onde se especializou en pintura e gravado.

Fixo a súa primeira exposición no Ateneo de Ourense con 27 anos. A finais dos 70 editou os seus primeiros cartafoles de gravados e, na década dos 80, instalouse na cidade de Vigo, onde dispensou docencia na educación secundaria e participou en diversas exposicións individuais e colectivas.

Antón Pulido foi tamén ilustrador. Del son moitas das portadas da Editorial Ir Indo. Nunca deixou de pintar. Nalgunha ocasión ten contado que as ideas podían manar da súa cabeza en calquera momento inesperado. Era dos que pensaban que toda obra pictórica ten un ritmo e que as cores poden constituír tamén un ritmo musical.

Considerado un dos artistas contemporáneos más influentes, deixa tras de si un legado inconfundible e un enorme oco na cultura galega. Foi director xeral de Cultura da Xunta e o primeiro director do Centro Galego de Arte Contemporánea.

Nomeado Vigués Distinguido en 2006 e Fillo Predilecto de Amoeiro en 2008, recibiu, entre outros, o Premio da Crítica de Galicia en 2014 e o Premio Trasalba da Fundación Otero Pedrayo en 2015. Con este autor, Otero Pedrayo, fundamental para el nos seus comezos como artista, mantivo unha estreita relación.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar

Publicador de contidos