Publicador de contidos

Publicador de contidos

Usuarios da A-55 critican a limitación a 60 km/h nun novo tramo da autovía

Usuarios da A-55 critican a limitación a 60 km/h nun novo tramo da autovía

A Federación Galega de Transporte de Mercadorías cre que a restrición vai afectarlles económicamente

G24.gal 11/09/2026 14:42

Os usuarios da A-55 cren que esta estrada non merece cualificarse de autovía. De feito, hai varios tramos en que teñen que levantar o pé da acelerador e conducir por debaixo do mínimo permitido neste tipo de vías: 60 km/h.

Os sinais apareceron esta mesma semana, no km11 en dirección a Tui, pouco antes dun dos radares que máis multa de Galicia.

En dez quilómetros, hai cinco radares fixos. Os transportistas están fartos e esta nova limitación vai afectarlles no peto. Ramón Alonso, presidente da Federación Galega de Transporte de Mercadorías pon de exemplo os profesionais que fan rutas con Citroen. Habitualmente, fan seis ou sete viaxes ao día, e agora, di, "terían que facer un menos".

Os sinais apareceron sen aviso previo. María Martínez Allegue, conselleira de Planificación de Infraestruturas, asegura que o Ministerio de Fomento "non deixan de sorprendernos" e lamenta que a súa interlocución coa Xunta sexa "nula".

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade