Os transportistas aplican automáticamente o sobrecusto que lles supón a suba do gasóleo
Fano a través da cláusula de indexación fixada para cando o prezo do gasóleo supera o 5 % do previsto no contrato
Piden que se revise a normativa da fórmula de cálculo para compensar todas as repercusións que supón a suba do diésel no transporte
Unha factura corresponde ás reparticións que un transportista fixo durante o pasado mes de agosto inclue un epígrafe a maiores denominado cláusula de gasóleo. Como o prezo do diésel durante ese tempo superou en máis dun 5 % o vixente no contrato, iso permítelle aplicar a fórmula correctora que neste caso incrementa en 291 euros o servizo.
"O diésel está subindo desde marzo e o sector ten que repercutir esa suba nas súas tarifas, non lle queda outra".
Gloria Ávarez, directora de APETAMCOR Santiago, unha organización profesional representativa en Galicia das pequenas e medianas empresas e autónomos do sector do transporte de mercadorías por estrada, mantén que, aínda así, esa repercusión esta moi por baixo da suba continuada do prezo dos combustibles desde o comenzo da guerra de Irán.
"Tendo en conta que o diésel subiu un 40 %, a repercusión no transporte foi moi inferior, arredor dun 20 %".
As facturas de transporte incluen a claúsula do gasóleo cando supera máis do 5% o prezo do momento da contratación
Organizacións tanto do transporte de mercadorías coma de pasaxeiros din que lles está resultando complicado aplicar realmente a suba de custos que están sufrindo porque a cláusula de indexación do gasóleo non inclúe outros consumos que gravan tamén o sector.
"Hai que ter en conta que non só subiu o diésel; subiron outros produtos moi relacionados co diésel, como pneumáticos ou recambios"
Por iso piden fórmulas que recoñezan mellor estes incrementos e tamén que se axilice o retorno das bonificacións directas do prezo do diésel, porque din que hai profesionais que seguen agardando pola devolución fixada polo Goberno a raíz da guerra de Irán, desde o mes de abril.