Publicador de contidos

Publicador de contidos

Galicia afiánzase como potencia leiteira

Galicia afiánzase como potencia leiteira

A nosa comunidade concentra a metade das granxas activas e catro de cada dez litros de leite que chegan a industria son galegos

O leite galego é máis valorado polo seu alto contido en graxa e proteína

 

G24.gal 07/09/2026 14:09

Cunha textura cremosa e sabor intenso, o leite galego ten un alto valor nutricional. 

"O leite galego é o mellor, as forraxes de calidade e que as vacas sofren menos estrés pola calor coma noutras zonas de España fai que teña máis sólidos como a graxa e a proteína", explica o gandeiro Martín Fernández.

Nutrientes moi valorados na industria e para a elaboración de queixos, iogures, nata ou manteiga. A súa porcentaxe en graxa sitúase no 3,8 por cento e de proteína no 3,4; son os estándares máis altos de calidade.

"Estamos a recuperar a proteína A2 presente no leite das vacas de antes, esta proteína é moi valorada fai o leite máis dixestivo", engade Martín Fernández.

Para que o leite sexa bo inflúe a xenética e a raza das vacas, pero tamén a súa alimentación e benestar.

"Tratalas ben, darlles ben de comer e terlles as camas limpas" di este gandeiro.

O reto é situarse á altura dos grandes produtores europeos como Dinamarca, os Países Baixos e Irlanda. Hoxe Galicia é a novena rexión produtora de Europa. Cada día as granxas galegas poñen no mercado 9 millóns de litros de leite.

 

 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar