Publicador de contidos

Publicador de contidos

A suba dos carburantes é un golpe duro aos que dependen do coche

A suba dos carburantes é un golpe duro aos que dependen do coche

Os galegos dependemos moito do coche propio

A rede de transporte público en Galicia non está tan tecida e nótase moito no rural

A suba dos carburantes preocúpalles aos que non teñen o transporte público como alternativa
G24.gal 28/08/2026 14:11

"É a miña primeira necesidade, sen coche non podo facer nada porque son dunha aldea pequena e entón o que son autobuses e iso non imos moi ben e o coche é primordial", confesa unha muller.

Esta é a realidade coa se enfrontan cada día milleiros de persoas, sobre todo aquelas que viven no rural.

"Si, porque vivo aí nunha aldea, a aldea de Framil, e cada vez que teño que saír pois ao Milladoiro, Bertamiráns, Santiago, si".

"Temos poucas horas, o autobús cada bastantes horas e entón, si, dependemos do coche para todo".

"Estou traballando nun sector en que precisamos desprazarnos a aldeas e o certo é que hai aldeas que están moi mal comunicadas, o acceso ao transporte urbano é malísimo".

"Ás veces que vou a Pontevedra, algunha vez teño ido no autobús, pero teño que ir de aquí a Santiago, de Santiago a Pontevedra e á volta o mesmo, e claro, prefiro ir no coche", comentan varios condutores

A dependencia de vehículo propio é para moitos total sobre todo para ir traballar

 "Eu traballei todo o curso pasado en Ribeira, teño que ir en coche, non hai posibilidade de transporte urbano, non hai porque, ou sexa, chegaría ao centro da cidade pero non chegaría ao instituto, pero coma min supoño que lle pasará a moitísima xente. Ti ves na autovía tantos coches circulando nun sentido como noutro e traballa media Ribeira en Santiago, quero dicir facemos todos mil percorridos así", apunta unha mestra.

Cando a mobilidade depende do coche, noticias como a suba dos carburantes supón un duro golpe ás economías familiares.

"Si, porque se nota de ao mellor gastar 50 euros en gasóleo, agora imos xa a 100, por coche".

"Se gasto 300 euros ao mes en gasolina para ir a traballar gano 300 euros menos e que iso vai marcar un montón este outono-inverno, claro".

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade