A escalada dos prezos dos carburantes eleva os usuarios de coches compartidos
O número de conductores rexistrados en BlaBlaCar dende que en maro comezou a subir o combustible subiu un 12% en España e un 7% en Galicia
As aplicacións para facer viaxes compartidas permítelles aos conductores aforrar nos gastos da viaxe e para os pasaxeiros supón unha alternativa máis cómoda que a do transporte público
A suba continúada dos prezos dos combustibles está levando cada vez máis persoas a usar aplicacións para compartir viaxes en coche. De feito, plataformas como Blabla Car confirman un notable incremento de usuarios, dende que comezou a suba dos carburantes en marzo rexistráronse máis de 73.000 novos condutores no conxunto de España, un 12% máis ca no mesmo período do ano anterior.
"En Galicia esta tendencia é bastante similar. O número de novos conductores dende marzo na plataforma aumentou un 7% se o comparamos co mesmo período do ano anterior. A suma destes novos conductores o que está a facer é que a oferta de viaxes en coche compartido aumente", explica Amelia Carrasco, a Responsable de Comunicación de BlaBlaCar en España.
"Axuda moito a paliar os efectos da suba do combustible e tamén os prezos da AP-9", di Fernando Conde, conductor usuarios de BlaBlaCar.
Aos condutores encher os asentos baleiros permítelles aforrar nos gastos da viaxe e para os pasaxeiros supón unha alternativa máis cómoda que a do transporte público.
"Eu empecei a usar BlaBlaCar en primeiro de carreira porque ao final o bus era bastante máis caro do que é agora e tamén por tema de horarios, porque eu son de Ferrol e tampouco hai tantos buses que conecten con Ferrol e tren practicamente non hai agora mesmo", afirma Loreto Doallo, usuaria de BlaBlaCar.
"Tés que publicar a viaxe na aplicación e despois esperar a que che cheguen as reservas. E tés tamén reseñas que se tés un bo perfil axuda a que che saian máis viaxes", di Fernando Conde.
Outro xeito de viaxar máis económico e ecolóxico que permite paliar en parte o impacto da suba dos carburantes.