Publicador de contidos

Publicador de contidos

Deteñen en Vilagarcía unha das Guanteras, dúas mulleres fichadas por roubar no interior de coches

Deteñen en Vilagarcía unha das Guanteras, dúas mulleres fichadas por roubar no interior de coches

Adoitan roubar no interior de coches todo o que poidan revender

Para evitar sorpresas desagradables, convén verificar que o coche quede ben pechado e non deixar obxectos de valor á vista

A Policía colleu en plena acción unha das Guanteras intentando roubar nun coche aparcado na praza da Estación
G24.gal 18/11/2026 13:18

A Policía Nacional detivo na noite do luns unha muller á que colleron en plena acción intentando roubar no interior dun coche que estaba aparcado na praza da Estación. Saltou a alarma antirroubo do vehículo, pero non se inmutou e seguiu ao seu ata que a arrestaron.

Trátase dunha das coñecidas popularmente como as Guanteras. Dúas mulleres xa fichadas polas forzas de seguridade e pola veciñanza polas súas andanzas. Adoitan roubar no interior de coches todo o que poidan revender.

A raíz destes sucesos, hai veciños que xa teñen reparo de deixar o coche estacionado na rúa.

Pero tamén están proliferando os roubos no interior de garaxes. De feito hai comunidades que emitiron avisos para que os propietarios extremen as precaucións.

Para evitar sorpresas desagradables, convén verificar que o coche quede ben pechado e non deixar obxectos de valor á vista.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade