Publicador de contidos

Publicador de contidos

O Supremo avala que o Goberno non faga público o expediente da CE sobre a AP-9

O Supremo avala que o Goberno non faga público o expediente da CE sobre a AP-9

Apetamcor recorreu ante o Alto Tribunal a decisión do Consello de Ministros de non admitir a súa solicitude para revisar de oficio as prórrogas da autoestrada

G24.gal 25/05/2026 12:12

O Tribunal Supremo (TS) avala a decisión do Gobierno central de non facer público o expediente de infracción "confidencial" aberto pola Comisión Europea en relación coa xestión da autoestrada AP-9, no que considera que a prórroga da concesión vulnerou as regras da UE.

Nunha resolución do 12 de maio de 2026, a Sala do Contencioso do Tribunal Supremo denega o recurso presentado pola asociación de transportistas galegos Apetamcor.

A asociación galega que representa a pemes e autónomos do transporte de mercancías por estrada, Apetamcor, recorreu ante o Tribunal Supremo (TS) a decisión do Consello de Ministros do pasado 2 de decembro de 2025 de non admitir á súa solicitude para revisar de oficio as prórrogas da Autoestrada do Atlántico, a AP-9, alén de solicitar ter acceso ao procedemento aberto pola Comisión Europea.

O Supremo sinala que non procede este extremo e avala a "confidencialidade" do procedemento.

O avogado do Estado tamén se opón e lembra que "a Comisión Europea carece de competencia para declarar que un acto dun Estado membro é contrario ao dereito da UE correspondendo esa facultade en exclusiva ao TXUE, instancia ante a cal a Comisión debería acudir interpoñendo a correspondente demanda". 

Apela ademais á presunción xeral de confidencialidade do Tribunal de Xustiza.

A concesionaria Audasa, mentres, oponse a que se faga público o expediente, posto que "a divulgación do ditame non só resultaría contraria ao ordenamento da Unión, senón que prexudicaría gravemente os intereses públicos.

Por todo iso, o Supremo desestima o recurso e impón á recorrente o pago de costas cun límite por 1.000 euros.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade