Publicador de contidos

Publicador de contidos

A empresa galega Innogando, elexida pola Comisión Europea como exemplo de investir fondos comunitarios no rural

A empresa galega Innogando, elexida pola Comisión Europea como exemplo de investir fondos comunitarios no rural

Idearon un colar intelixente que lles permite monotorizar o gando en tempo real e saber o que fai, onde está e cómo está; agora melloraron o dispositivo coa función de valado virtual

A súa teconoloxía axuda a mellorar a productividade das explotacións e mellora a calidade de vida dos gandeiros, teñen máis tempo para conciliar

G24.gal 08/09/2026 14:21

Innogando comezou en formato pequeno, pero xa ten 50 empregados. Crearon a Rumii, un colar intelixente que permite ter monotorizada a actividade do gando en tempo real a diferenza doutros que hai no mercado.

"Si o animal está comendo, rumiando, descansando e con esta información somos capaces de saber o que lle pasa, si está en celo, si está de parto, si se escapou", explica Elio López, CEO e fundador de Innogando.

O dispositivo funciona en zonas de pouca cobertura e acaban de incorporarlle a función do valado virtual. Evitamos que o animal saia recibindo un sinal acústico ou un estímulo eléctrico

"Pois non ter que andar con límites físicos, axuda na prevención de incendios porque permite delimitar zonas de difícil acceso e aproveitar todo mellor mediante o pastoreo rotacional".

Con esta tecnoloxía non só se consegue mellorar a productividade da explotación tamén a calidade de vida dos que traballan cada día no campo. Menos desprazamentos as leiras para vixiar o campo máis tempo para a conciliación familiar. Teñen xa 25.000 instalados en España e Portugal e con pilotos nos Estados Unidos, Ecuador e A Arxentina. Hoxe visitounos unha delegación australiana para expandirse tamén alí.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade