Publicador de contidos

Publicador de contidos

Galicia busca liderar a nova enerxía cun novo proxecto no CIS de Ferrol

Galicia busca liderar a nova enerxía cun novo proxecto no CIS de Ferrol

Non só busca impulsar ideas, senón resolver os retos reais do sector para que a innovación que nace aquí se converta en industria e emprego

 

G24.gal 08/09/2026 14:05 Última actualización 08/09/2026 14:54

O director xeneral de Planificación Enerxética e Minas da Xunta de Galicia, Pablo Fernández Vila, participou este martes en Ferrol na presentación da Business Factory Energy, unha aceleradora de iniciativas empresariais vinculadas co ámbito enerxético a desenvolver xunto a entidades do sector.

O acto, celebrado no Centro de Innovación e Servizos da cidade ferrolá, contou tamén coa intervención da asociación Asime e da Agrupación industrial de Enerxías Renovables de Galicia, que están adheridos a este proxecto.

O representante autonómico avogou por impulsar a innovación das compañías en relación coa enerxía e a "unir a experiencia da nosa industria tradicional coa axilidade mental e dixital das novas startups".

"Buscamos impulsar centos de startups e proxectos innovadores no ámbito enerxético e consolidar un ecosistema empresarial cada vez máis competitivo", expresou Fernández Vila, que emprazou a que esta proposta sexa a "ponte segura entre o talento dos nosos emprendedores e a realidade do mercado global".

A Business Factory Energy, segundo a Xunta de Galicia, forma parte da "nova xeración de aceleradoras especializadas impulsadas polo Goberno galego para apoiar o desenvolvemento de proxectos innovadores en sectores estratéxicos, favorecer a creación de novas empresas de base tecnolóxica" e reforzar a súa competitividade. 

 

 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar

Publicador de contidos