Publicador de contidos

Publicador de contidos

A Xunta recorrerá ante o Constitucional o decreto estatal das zonas de aceleración renovable

A Xunta recorrerá ante o Constitucional o decreto estatal das zonas de aceleración renovable

Asegura que a nova cartografía estatal limitará estas áreas ao 0,16 % do territorio galego e dificulta o seu desenvolvemento

Foto Arquivo/Carlos Castro/Europa Press
G24.gal 22/06/2026 15:01

A Xunta acordou recorrer ante o Tribunal Constitucional o decreto estatal que regula as zonas de aceleración renovable ao considerar que invade competencias autonómicas e limita a capacidade de Galicia para determinar onde poden situarse estas áreas. 

Tras a reunión do Consello, o presidente da Xunta, Alfonso Rueda, criticou que a nova normativa estatal redefine os criterios destas zonas cun nivel de detalle que, ao seu xuízo, deixa "sen marxe de manobra" as comunidades autónomas para desenvolveren as súas competencias. 

A conselleira de Medio Ambiente, Ánxeles Vázquez, explicou que o recurso conta co aval do Consello Consultivo e cuestiona varios preceptos do decreto. Segundo denunciou, a norma introduce mecanismos de control por parte do Ministerio e converte en obrigatoria unha cartografía que antes era orientativa.

Vázquez asegurou que esta delimitación reduce as posibles zonas de aceleración renovable ao 0,16 % do territorio galego, unha situación que "fai inviable" o desenvolvemento destas áreas e dificulta cumprir cos obxectivos marcados pola Unión Europea para impulsar as enerxías renovables. 

A Xunta defende que o recurso busca preservar o repartimento competencial e o autogoberno de Galicia sen renunciar ao avance e transición enerxética e á loita contra o cambio climático. 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar

Publicador de contidos