Publicador de contidos

Publicador de contidos

Precísanse carpinteiros: uns 50.000 en España

Precísanse carpinteiros: uns 50.000 en España

En Galicia hai 650 empresas de carpintería que lle dan emprego a unhas 12.000 persoas

O sector está aínda moi masculinizado 

G24.gal 08/09/2026 14:34

Para deseño e fabricación de estruturas e mobles de madeira, e tamén para a bioconstrución, que aproveita a riqueza da produción forestal. Precisanse carpinteiros.

"Os clientes sorpréndense cando ven unha muller carpinteira e tan nova. Meu avó de Celavente facianos caxatos e penso que iso foi o que me inspirou", explina Marina Checa Méndez, consciente da masculinización do sector.

Desde Madrid, e neta de galegos de Valdeorras, Marina traballa desde hai dous anos nunha empresa de Cambre que se chama De tal Pau e que parece confirmar que algo de memoria xenética hai nisto dos oficios. Os xefes tamén empezaron na casa, de nenos, e malia que é aínda un sector masculinizado, teñen claro que a carpintería non entende de xéneros.

"Unha das primeiras cousas que me dixo é que ela en forza non podía competir cun home. Pero eu o que precisaba non era unha mula de carga, era alguén que pensase coa cabeza", comenta Felipe Rivera, un dos socios fundadores da empresa De tal Pau.

IA e ferramentas informáticas axudan nun oficio que combina innovación e artesanía, porque aquí fiestras, portas e mobles fanse á medida, un por un.

"Teño un salario digno e encántame a tranquilidade de traballar coa madeira", afirma Marina Checa Méndez, carpinteira.

Nun sector que calculan poderían medrar un 200 % nos próximos anos.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar

Publicador de contidos