José González: "Queremos evitar as baixas e a súa prolongación innecesaria"
A Xunta porá e marcha un plan en 2027 con 37 medidas encamiñadas a axilizar as incapacidades temporais
Permitirá ao Sergas acceder ao historial laboral do traballador, que contará cun acompañante que lle dará apoio no momento en que colla a alta
A Xunta porá en marcha un plan en 2027 para axilizar as incapacidades temporais. Conta cun presuposto de 45 millóns de euros e consta de 37 medidas que se irán implementando durante os próximos tres anos.
Delas, 23 son para mellorar a prevención e evitar as baixas na medida do posible.
"A mellor baixa é a que non se produce", indicou nunha entrevista no Bos días o conselleiro de Emprego. José González, sinala que o obxectivo é evitar a "prolongacion inncesaria das baixas co criterio clínico dos facultativos.
Créase a figura do acompañante e o Sergas terá acceso ao historial laboral do traballador
O plan inclúe varias medidas innovadoras, como a creación da figura do acompañante, que estará a carón do traballador cando regrese ao seu posto. Unha figura inexistente en España pero que xa existe en varios países europeos e que tentará adaptar o posto de traballo e as tarefas diarias para que a incorporación laboral sexa mellor.
Ademais, sempre que o traballador o autorice, o Sergas terá acceso ao historial laboral do traballador para ter mellor coñecemento do posto de traballo á hora de decidir se este debe continuar ou non de baixa.
As medidas comezarán a implantarse en 2027 e estenderanse durante os próximos tres anos.