Publicador de contidos

Publicador de contidos

O taxi mantén o atractivo laboral entre a mocidade malia os cambios no sector

O taxi mantén o atractivo laboral entre a mocidade malia os cambios no sector

En Ribeira acaban de incorporarse dous mozos de 20 anos na quenda de noite

G24.gal 16/11/2026 09:30

O 1 e o 27 son amigos, taxistas e residentes en Ribeira. A chanza é máis do tempo dos seus pais, que son os propietarios das licenzas, así que son pais e xefes á vez. Juan e David explican a paixón polo oficio familiar e os pais están encantados coa incorporación á quenda de noite.

Da experiencia familiar estes mozos taxistas aprenderon algúns asuntos esenciais.

"Como debemos tratar con cada cliente, porque por exemplo hai algúns aos que hai que cobrarlles por adiantado", explica Juan Queiruga, taxista en Ribeira, que fala das características diferencias dos clientes na quenda de noite.

"Moita xente sobe ao taxi e pregúntame pola idade. Hai noites que non paramos e outras en que nos dá tempo de compartir conversa ou falar das libranzas dos xoves, porque ademais de compañeiros somos amigos", explica David Mateo, taxista en Ribeira.

"Polo futuro, estamos tranquilos. Por moito que as multinacionaos queiran meter VTC ou que empecen a circular en España taxis sen condutor, en Ribeira, con 20.000 habitantes, non lles vai ser rendible, así que, aquí véxome moi ben", engade Juan.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade