Publicador de contidos

Publicador de contidos

O envío de alimentos a domicilio esténdese a máis produtos: dende mazás a caviar

O envío de alimentos a domicilio esténdese a máis produtos: dende mazás a caviar

O cambio nos hábitos de vida leva a unha parte dos consumidores a facer máis compras en liña

Distintas empresas galegas envían regularmente os seus artigos a toda a Península e ás Baleares

G24.gal 08/09/2026 15:14

Do mar á mesa, ou do campo ou do río. Na época de vida en liña hai empresas galegas que envían alimentos frescos en cuestión de horas a centos de quilómetros. Os cambios nos hábitos de vida e o teletraballo levan a unha parte dos consumidores a optar por este tipo de compra. Hoxe é posible recibir na casa practicamente de todo: carne, peixe, marisco, froita. Pero hai non tanto parecía un atrevemento.

Mariskito abriulle ás portas á Internet hai vinte anos. Esta pequena empresa do sector da pesca foi unha das pioneiras na venda en liña. Hoxe, dende o peirao do Berbés, en Vigo, serven pedidos a case toda España. Tanto para o sector da hostalaría como a particulares. A súa última aposta foi de alta categoría: o caviar. Importan peixe fresco dende a China e distribúen envases a partir de sesenta euros.

"Hai anos a maior barreira que existía era a desconfianza. Comprar algo a distancia, fose pola Internet ou non, xeraba unha desconfianza que hoxe en día foi desaparecendo", lembra o director de Mariskito, Fernando Cividanes.

E, aínda que pareza imposible, hai empresas que venden a distancia sen usar a Internet. Mariscos Manuel Bouzón é un nome ben coñecido no sector en Vigo. A empresa non ten páxina web pero reciben pedidos por teléfono ou en persoa. Agás ás Canarias, chegan a toda España. Nunca mellor dito, viven do boca a boca.

"Nós non temos páxina web. É xente que vén e despois dirallo ao veciño do quinto, do sexto", explica cun sorriso o propietario, Manuel Bouzón.

Tamén hai exemplos terra adentro. Frutas Nieves fornece cada día a ducias de tendas dende o seu almacén central no Parque Tecnolóxico e Loxístico de Vigo. Ademais, teñen venda en liña. Cada mes realizan entre oitocentas e mil entregas para particulares, sobre todo en Galicia. Dun pequeno motocarro pasaron a ter unha frota de camións.

"Hai caixas de todos os pesos: de cinco, de dez, de quince.", comenta Abraham Alonso, repartidor de Frutas Nieves Online mentres carga unha caixa no barrio de Teis.

O cliente, neste caso, era un home que estaba teletraballando. Chegoulle á froita á mesa só con premer uns botóns.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar