O tecido industrial de Curtis denuncia deficiencias na subministración eléctrica
Os epresarios sinalan as graves repercusións económicas que lles provoca
As empresas do Polígono Industrial de Curtis, unhas máis ca outras, levan reportando desde hai uns meses frecuentes cortes de luz. Algúns moi breves, pero que lles causan graves prexuizos nos sistemas de producción automatizados e os conseguintes custes económicos, como é o caso da empresa Inlet, do sector lácteo.
O seu Director de Operacións, Tristán Jusué, relata que cada microcorte, ainda que sexa de milisegundos, obrígaos a reiniciar o proceso de producción, o que lles fai perder horas de traballo, produto, co conseguinte custo económico. Unha queixa que reitera o presidente da Entidade de Conservación do Polígono Industrial de Curtis-Teixeiro, Luis González.
As reiteradas anomalías na subministración eléctrica causanlles problemas a todos os niveis aos usuarios. No caso por exemplo do Centro de Interpretación de Teixeiro, onde boa parte do contido se expón en pantallas, os cortes desconfiguran o sistema informático e tamén provocou a avaría dalgún dispositivo, como relata Roberto Díaz, responsable do Centro.
Os cortes de luz tamén afectan a 6 aldeas de 2 parroquias de Curtis. Os gandeiros por exemplo denuncian que os microcortes tamén lles afectan no proceso de muxido.
Empresarios e concello remitíronlle un escrito a Naturgy para esixir solucións, como relatan o acalde, Xabier Caínzos e o presidente da Entidade de Conservación do Polígono Industrial de Curtis-Teixeiro, Luis González.