Adxudican 48 vivendas de alugueiro protexido en Ferrol
A Xunta ten sete promocións en marcha en Ferrol, que suman un total de 350 vivendas
Conseguir hoxe unha vivenda é tan difícil que para moitos semella case unha lotaría. Esa é precisamente a sensación que puideron experimentar esta mañá en Ferrol as persoas que resultaron adxudicatarias das 48 vivendas de promoción pública que a Xunta pon en réxime de alugueiro, no barrio do Bertón.
Porque no rexistro de demandantes de vivenda de Ferrol hai mil persoas inscritas, e hoxe eran 48 as vivendas en xogo. Había moitos nervios, tensión e tamén alegría cando un sabe que un número lle vai cambiar a vida, como lle sucedu a Maite, que rexultou adxudicataria dunha vivenda de dous cuartos.
Tamén hai un ano que Enmanuel se inscribiu no rexistro e agora sabe que por un piso de catro cuartos, que foi o que lle adxudicaron, vai pagar como máximo un alugueiro de 360 euros. Él dí que "somos menores de 36 anos e non esperábamos que houbese tan poucos apuntados nese cupo, pero moi ben"
Actualmente a Xunta ten sete promocións en marcha en Ferrol, que suman un total de 350 vivendas. As que hoxe foron adxudicadas está previsto que se entreguen no primeiro trimestre de 2027.