Vehículos atrapados en lugares insólitos
Por descoñecemento do lugar, descoido, ousadía ou por confiar no navegador, cada vez máis coches acaban onde non deben
Os vehículos de xente de fóra son os máis afectados
Por descoñecemento do lugar, por descoido ou por fiarse do navegador, o certo é que cada vez son máis os turismos que acaban en lugares do máis insólito. E o habitual é que lle pase a xente de fóra. As escaleiras son xa un clásico. Este quedou atascado na escalinata da ermida da Guía en Vigo. Era de portugueses, como o que rematau nas da praza das Mercedes de Ourense
"Empezaron a vir portugueses, portugueses e portugueses. Chegaron aquí como oito ou nove e empezaban a dicir: "Dous mil quilos, empuxámolo", relata unha veciña.
Empuxaron e, malia o arriscado da operación, dérono sacado. Estoutras imaxes son en Pontevedra.
"Ao final é sempre a mesma historia coches que veñen con xente de fóra, normalmente, meten o GPS e indícalles saír por aquí", apunta un hostaleiro de Pontevedra.
E que dicir dos camiños estreitos, onde quedan coches e camións totalmente encaixados. Difícil avanzar, retroceder e mesmo saír do vehículo. Un quedou atrapado nunha pasarela peonil de madeira en Catoira. Por sorte non lle afectou a suba da marea que tantos disgustos deu a moitos condutores.
O dono doutro coche marchou á praia de Panxón, tan tranquilo. No aparcadoiro das Corbaceiras en Pontevedra, xa perderon a conta dos coches que levou o mar.
Outro que caeu en Burela levaba unha moza dentro. Había pouca profundidade e todo quedou nun susto. Outros non correron a mesma sorte. Hai veráns en que os guindastres non dan abasto.