Publicador de contidos

Publicador de contidos

Altay Bayindir: "Cando falei con Claudio, a miña única opción era fichar polo Celta"

Altay Bayindir: "Cando falei con Claudio, a miña única opción era fichar polo Celta"

“O Manchester United paga unha parte da súa ficha e nós temos unha opción de compra ao finalizar a tempada”, explicou o directo deportivo do Celta

G24.gal 12/08/2026 15:39

O internacional turco Altay Bayindir asegurou este mércores, durante a súa presentación como novo porteiro do Celta, que a conversación co técnico Claudio Giráldez o convenceu para asinar polo conxunto galego, ao que chega cedido desde o Manchester United.

“Evidentemente tiña outras opcións antes de vir aquí, pero coñecía a historia do club e cando puiden falar con Claudio quedoume como única opción vir aquí. Falei cos meus axentes e díxenlles que quería fichar polo Celta, dar a miña vida por este club”, manifestou en conferencia de prensa.

O novo porteiro celeste admitiu que “todo” está a ser novo para el en Vigo, pero os compañeiros están a axudar “moitísimo” para que a súa adaptación sexa o máis rápida posible.

“Sempre me gusta dar o mellor de min e ser o mellor porteiro posible. Agora, o máis importante para min é aprender español. Xa empecei coas clases para entender os meus compañeiros e expresarme ben con eles. Son un xogador que sempre me gusta dar o mellor de min”, indicou.

Neste sentido, restou importancia aos poucos minutos que tivo durante a súa etapa en Old Trafford porque “sei que é difícil ser suplente, pero un sempre ten que pensar en axudar ao equipo e para iso importante facer o teu traballo do mellor xeito posible en cada momento”.

Altay Bayindir, ademais, sinalou que a participación do Celta na liga Europa tamén influíu na súa decisión de vir a Balaídos, onde espera asinar “unha gran tempada”.

Pola súa banda, o director deportivo do Celta, o mexicano Marco Garcés, agradeceu ao turco “o esforzo” que realizou para recalar no conxunto galego, ao que dixo que achegará “competitividade” na portería para afrontar “tres competicións moi importantes”.

“O Manchester United paga unha parte da súa ficha e nós temos unha opción de compra ao finalizar a tempada”, desvelou o máximo responsable da área deportiva. 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar