Publicador de contidos

Publicador de contidos

Un Celta de segundas metades suma un novo empate fóra da casa (1-1)

Un Celta de segundas metades suma un novo empate fóra da casa (1-1)

Adiantou Satriano aos locais e empatou Starfelt, ambos nun córner

O Xetafe quedou con dez logo da expulsión de Romero

O Celta aínda non sabe o que é gañar esta temporada logo de cinco xornadas

G24.gal 07/09/2026 20:49

O Celta de Vigo medra co paso dos minutos. Un partido máis, volveu convencer e amosar o seu mellor xogo na segunda metade, pero non foi suficiente para levar os tres puntos do Coliseum. Nesta tarde de luns tivo que conformarse cun novo empate. O gol do Xetafe no minuto 21, por medio de Satriano, obrigou o Celta a remontar dende moi cedo. Pero pasaban os minutos e os celestes non chegaban con verdareiro perigo a portería de David Soria. 

A segunda metade volveu ser a máis destacada para os de Claudio Giráldez. Carl Starfelt empataba á saída dun córner no minuto 58 e facía soñar cunha remonta. Pero as ocasións non chegaban con claridade para un Celta falto de ideas nos últimos metros, incluso con superioridade numérica logo da expulsión de Romero. 

Aínda así, os vigueses suman un punto e con mellores sensacións nos partidos fóra da casa. Tres puntos en cinco xornadas, sen vitorias e coa materia do gol aínda pendente. 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar