Publicador de contidos

Publicador de contidos

Javi Rodríguez: "Foi unha loucura. É alucinante. Aínda non o creo"

Javi Rodríguez: "Foi unha loucura. É alucinante. Aínda non o creo"

Marcou os dous goles da vitoria do Celta en Glasgow

"Semellaba que estabamos en Balaídos"

G24.gal 23/10/2026 08:01

Javi Rodríguez vestiuse de heroe no paraíso verde de Celtic Park. Será unha noite inesquecible. Hai momentos que quedan chantados na historia dun club. Marcou dous goles para espetar diante duns tres mil celtistas a remonta europea do Celta ante o Celtic (1-2).

"Aínda non o creo. Non son de marcar tantos goles. É alucinante metelos neste campo, e amais con toda esa xente que estaba celebrándoo. Unha festa ", resumía o futbolista de Poio. 

O celtismo aclamou a Javi Rodríguez. "Unha loucura. Dende a chegada do bus xa se notaban os afeccionados. E logo no quecemento xa semellaba que estabamos en Balaídos. Agradecémoslle que viñeran ata aquí, que vai frío. E no seguinte partido, con toda a nosa xente que non puido vir, tentaremos lograr outros tres puntos", sinalou o defensa. 

O Celta logrou cos goles de Javi Rodríguez o primeiro triunfo europeo da tempada. "O importante é que levamos a vitoria logo de que eles empezasen gañando. Son os primeiros tres puntos, pero agardemos que sexan os primeiros de moitos".

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade