O Leyma Coruña aguanta ata o último cuarto no Palau (119-101)
Os coruñeses deron a cara durante gran parte do partido, pero non puideron co empuxe final dos cataláns
Balcerowski, máximo anotador con 21 puntos; no Leyma destacou Verge con 16
O Leyma Coruña vendeu moi cara a súa pel na súa volta á elite, na pista dun Baça que tivo que suar moito a vitoria. Os coruñeses saíron moi serios á pista, e mantiveron o intercambio anotador durante os tres primeiros cuartos.
Logo dun inicio mellor dos locais, cun parcial de 12-7, a entrada de Didac Cuevas mellorou aos coruñeses, que se colocaban por diante aínda no primeiro parcial (14-15).
No segundo cuarto aceleraron os cataláns, que gañaban 29-23 antes da gran reacción dos coruñeses, que se puxeron por diante por 36-38. O Barça volveu colocarse por diante ao descanso, pero cun 52-47 que deixaba todo aberto.
No terceiro cuarto o Baça foi ampliando a vantaxe, pero tres triplas consecutivas de Guillem Jouo mantiñan ao Leyma no choque.
Xa no último cuarto, un 6-0 de parcial acabou de decantar o partido a prol dos locais, que se facían coa vitoria por un resultado final de 119-101.