O Monbus Obradoiro comeza a Liga ACB cunha gran vitoria en Andorra (85-90)
Os santiagueses foron de menos a máis, e acabaron remontando o partido
Nos últimos cinco minutos estiveron máis atinados para levar o primeiro triunfo da Liga
A nova andaina do Obradoiro na ACB comezou con vitoria ante o Andorra.
O Obradoiro entrou frío no encontro. Finalizou o primeiro cuarto trece abaixo. E comezou a reaccionar no segundo. O equipo santiagués recortou distancias e púxose a tres puntos no descanso cun bo traballo de Soriano e Chaidres.
No segundo tempo, o acerto nas triplas do Andorra foi clave. Púxose cun +10 mediado o terceiro cuarto. O Obradoiro non deixou de pelexar, e no último cuarto, emoción máxima. A cinco minutos do final, o Obra apoiado en Meindl empataba a 74. E enganchou un parcial de 11-16 ata o 85-90 final.
Childress con 18 puntos foi o máximo anotador dos galegos.